
“A pantalla de bloqueo do teléfono do meu fillo é un unicornio rosa. Cando era adolescente, mantívenme lonxe de todo o que fose rosa. Nunca oíra falar dos unicornios e os teléfonos móbiles non existían."
En Pink Unicorns, o bailarín de orixe cubana Alexis Fernández sube ao escenario co seu fillo adolescente. A experiencia xúntase á exuberancia xuvenil. A serenidade asumida é cuestionada con curiosidade. A obra de La Macana trata da non sempre sinxela relación entre xeracións. O impulso de pai e fillo por compartir escenario levanta un espello ante o público: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é unha danza-teatro salvaxe no que se atopan dous corpos.
Creación e interpretación: Caterina Varela & Alexis Fernández
Música: Einstürzende Neubauten
Primeiro Premio – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio do Público – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio da Crítica – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Conservatorio María de Ávila – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio O Espaço do Tempo – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Bassano del Grappa – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Fundación Autor – XIX Certamen Internacional Burgos–New York
Seleccionados Rede Europea Aerowaves (2010)