NO TITLE YET desenvólvese arredor do traballo do artista plástico francés Vladimir Cruells. Xurdiu da inquedanza por descubrir novas formas de relacionarse co espazo e o movemento, e comezou a xerminar grazas ao compromiso de Carolyn Carlson co noso traballo logo de que a nosa primeira peza, VEN, fose programada no Atelier de París.
A invitación a residir no Centro Coreográfico Nacional que ela dirixía en Roubaix (Francia) permitiunos descubrir novas formas de producir linguaxe baseada en pautas distintas ás que coñecíamos, moi influenciadas pola particularidade de colaborar cun artista plástico.
En NO TITLE YET, Alexis Fernández leva ao espectador a un espectáculo físico, tenro, divertido e animal, onde o corpo móvese libremente ata os seus propios límites, transformando o espazo de forma natural.
Dirección: Caterina Varela e Alexis Fernández
Creación: Caterina Varela, Alexis Fernández e Vladimir Cruells
Interpretación: Alexis Fernández
Espazo: Vladimir Cruells
Axudante de dramaturxia: Claudia Faci
Iluminación: Octavio Mas
Vídeo: Bruno Tracq
Producido por La Macana e co-producido por CCN Roubaix | Caroly Carlson