GL

ES

EN

VEN

VEN é a primeira peza da parella formada por Caterina Varela e Alexis Fernández coa que comezou a traxectoria internacional de La Macana en 2008 e que leva en xira desde entón, visitando 30 países nos últimos anos.

 

Bailado por ambos, este dúo fala do amor en maiúsculas, do equilibrio e da tensión entre dous corpos ao longo de 15 minutos intensos cheos de forza e intimidade.

Creación e interpretación: Caterina Varela & Alexis Fernández

Música: Einstürzende Neubauten

Primeiro Premio – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio do Público – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio da Crítica – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Conservatorio María de Ávila – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio O Espaço do Tempo – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Bassano del Grappa – XXII Certamen Coreográfico de Madrid
Premio Fundación Autor – XIX Certamen Internacional Burgos–New York
Seleccionados Rede Europea Aerowaves (2010)

“Unha coreografía impactante, de gran beleza, acompañada tamén dunha música impactante, da que parece ser un “vídeo en directo”

-

El Cultural

“VEN conseguiu atraparnos dende o primeiro momento, mantendo en tensión a todos os asistentes ata o último movemento. Unha execución impecable."

_

Danza Ete

"Xoia chea de forza e intimidade, que simplemente nos fixo chorar."

_

En escena

“Estes dous galegos están extraordinariamente conectados, un xogo perfecto que fascina e sorprende... coma se desafiasen as leis da física."

_

Kreuzmannová, Tanec Praha, República Checa

“Estes dous están tan seguros de atravesar o corpo do outro como de desafiar o seu propio, indo onde os outros literalmente temen pisar."

_

Sam Gauntlett, Resolution Review, Londres
Reproducir vídeo