Keep Going é unha peza de improvisación onde o corpo de Alexis Fernández viaxa entre o pasado, o presente e o futuro da súa carreira como bailarín. Unha viaxe cara dentro. Cara dentro dos saberes acumulados no seu oficio de bailarín. Un corpo que se sabe sabio e ignorante ao mesmo tempo, aberto ao acontecemento.
Keep going. Continúo, continúas, e continuamos… de calquera modo e de todos os modos, en cada espazo e en cada tempo. A esencia do movemento é o fluxo, o devir constante, o ritmo do pulso. Transformación e insistencia acontecendo á vez, aínda que poidan parecer cousas opostas.
Bailar (e ver bailar) fainos ser conscientes da intensidade do aquí e agora, sitúanos nesa vivencia tan elocuente que é o presente. Sen embargo, para prestarse ao aquí e agora, unha bailarina ou bailarín pasa por múltiples tempos e lugares, acumula experiencias pasadas e proxecta outras cara o futuro. Cantos agoras hai na vida dunha bailarina ou dun bailarín? Pode desgastarse o seu agora por insistencia, ou pola contra se vai reforzando a medida que se sigue prestando a él?
Creación: Alexis Fernández & Caterina Varela
Interpretación: Alexis Fernández
Música: Félix Fernández