
I have nothing to offer but blood, toil, tears and sweat. (Winston Churchill)
A guerra foi descrita como “un estado activo de confusión”. Nun tempo de crecente conflito global, Sleepwalkers sobrevoa a nosa relación ambivalente coa violencia como especie. Navega polo caos da mentalidade perturbada de Occidente, mentres desentrama a nosa capacidade tanto para a agresión como a compaixón. O imaxinario caótico dos soños emerxe nunha néboa de guerra, mentres os intérpretes misturan danza, teatro e música en vivo nun marco sombrío que nos desafía a tomar parte.
Nun formato particular, esta peza de longo formato sitúa ao público no centro de escenario para unha experiencia radical envolvente, froito da colaboración entre La Macana e Mute Comp. Physical Theatre.
Dirección e coreografía: Kasper Ravnhøj, Caterina Varela & Alexis Fernández
Dramaturxia e concepto: Klaus H. Frederiksen
Música orixinal e en vivo: Kostas Vasileiadis
Deseño de iluminación: Michael Breiner
Música orixinal e en vivo: Kostas Vasileiadis
Produción de escenario: Jonas Borgensgaard
Vídeo: Kiss Lavin
Vestiario: Kiss Lavin
Intérpretes: Kasper Ravnhøj, Alexis Fernández & intérpretes convidados
Intérpretes Copenhagen 2023: Anna Solomkina, Angeliki Nikolopoulou, Atrid Bruun Lyby , Clara Luna Nordahl, Emma Östlund, Hannah Finn, Jacob Høyer Hiltmar, Josefine Eva Malakci, Katja Ferger, Luna Di Gregorio, Mar Espona Moret, Margherita Pascariello , Marta Bernadete Puce, Sandra Wohlmuth, Sarah Zurl, Simon Boysen & Yu Su Hyeon
Produción artística e executiva en España: Caterina Varela | La Macana
Produción artística e executiva en Dinamarca: Mute Company Physical Theatre
Institucións co-produtoras: Statens Kunstfond & AGADIC
Outros colaboradores: Art Maze & Making of the Actor