GL

ES

EN

No Title Yet

NoTitleYet

NO TITLE YET desenvólvese arredor do traballo do artista plástico francés Vladimir Cruells. Xurdiu da inquedanza por descubrir novas formas de relacionarse co espazo e o movemento, e comezou a xerminar grazas ao compromiso de Carolyn Carlson co noso traballo logo de que a nosa primeira peza, VEN, fose programada no Atelier de París.

 

 

A invitación a residir no Centro Coreográfico Nacional que ela dirixía en Roubaix (Francia) permitiunos descubrir novas formas de producir linguaxe baseada en pautas distintas ás que coñecíamos, moi influenciadas pola particularidade de colaborar cun artista plástico.

 

 

En NO TITLE YET, Alexis Fernández leva ao espectador a un espectáculo físico, tenro, divertido e animal, onde o corpo móvese libremente ata os seus propios límites, transformando o espazo de forma natural.

Dirección: Caterina Varela e Alexis Fernández

Creación: Caterina Varela, Alexis Fernández e Vladimir Cruells

Interpretación: Alexis Fernández

Espazo: Vladimir Cruells

Axudante de dramaturxia: Claudia Faci

Iluminación: Octavio Mas

Vídeo: Bruno Tracq


Producido por La Macana e co-producido por CCN Roubaix | Caroly Carlson

"Co seu cabelo loiro desaliñado e barba puntiaguda, o artista é un fenómeno. A oscilación entre ledicia infantil, riso silencioso e seriedade é da máis alta calidade."

_

Maya Künzler | Xornalista Cultural (Zürich,2012)

"A súa habilidade para facernos rir mentres nos deixa sen palabras coa súa composición de figuras e accións imposibles, que se desenvolven cunha naturalidade indiscutible, é sorprendente. Que estes movementos que requiren tanto esforzo físico e unha técnica tan precisa parezan naturais, é unha das moitas demostracións da proposta".

_

Serena Altair | Xornalista Cultural (Barcelona , 2014)

"Pero o que fai de NO TITLE YET unha experiencia, no sentido máis literal da palabra, é que vai moito máis alá da virtuosidade física e transpórtanos a unha variedade de espazos emocionais e mentais imaxinativos e liberadores. Logra ensinarnos a xogar no seu estado máis puro."

_

Serena Altair | Xornalista Cultural (Barcelona , 2014)
Reproducir vídeo

Co apoio de: